A celebración dos Días Internacionais dannos a oportunidade de sensibilizar ao público en xeral sobre temas de gran interese, como os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde. Ao mesmo tempo, pretenden chamar a atención dos medios de comunicación e dos Gobernos para dar a coñecer problemas sen resolver que precisan de medidas políticas concretas.
A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para acadar a igualdade, o desenvolvemento, a paz, ao igual que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. A promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén se quede atrás, non poderá cumplirse sen poñer primeiro fin á violencia contra mulleres e nenas.
No Centro, esta semana, o alumnado estivo a realizar diferentes tarefas co fin de acadar estes obxectivos.
Unha destas tarefas foi a gravación e edición deste programa de radio, realizada por dúas alumnas de 4º ESO C, e no que participaron membros de toda a Comunidade Educativa, con anacos de música da canción "Nais e Avoas" do álbum A Malfalada de Pauliña.
PARA ESCOITAR PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO