Segundo a noticia de Faro de Vigo (30-01-23) citando o portal MiCole
PREMA AQUÍ PARA VISITAR O NOSO CENTRO
Como cada ano un grupo do alumnado de cada etapa presenta un Podcast para o concurso, convocado polo "O Vello dos contos" dende o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago.
O martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, celebrouse a entrega dos premios escolares de podcast O vello dos contos e se deron a coñecer aos gañadores de cada categoría nun acto que contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, Anxo Angueira presidente da Casa de Rosalía, e Loliña Mosquera filla de O Vello dos contos e madriña deste certame. No acto desvelouse a clasificación final e os gañadores de cada categoría. Cada finalista recibiu un lote de libros e unha figura única elaboradas polo alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.
E xa é a segunda vez que reciben Premio, desta na categoría de Primaria e co Podcast "As barras de Francisco"
PARABÉNS á Dinamizadora, ao alumnado e a todo o Equipo da Radio.
PREMENDO AQUÍ PODEMOS LER TODA A INFORMACIÓN DA WEB DO CONCURSO E OS PODCAST PREMIADOS. Ademais no arquivo adxunto pódese escoitar o noso Podcast
PREMIO CONCURSO PODCAST "O Vello dos contos" de Entre estrellas que iluminan
Adxunto | Tamaño |
---|---|
As barras de Francisco.mp3 | 2.1 MB |
Acceso público: https://www.edu.xunta.gal/proens/ Insertar: (CPI José García García (Ourense - Ourense) (32009360) Despois introducir: ensinanza, curso e materia. O réxime é o xeral-ordinario |