@s alumno@s de Latín, Cultura Clásica e Paisaxe e Sustentabilidade subiron pola Vía Vella ao castro de San Tomé c@s profesor@s correspondentes: Clara, Xosé Manuel e Bea Lobelle. Disfrutaron do paseo, confraternizaron co gato-vixiante do xacemento e descubriron o marabilloso patrimonio natural e cultural que está ás nosas costas, cos érbedos en froito e a recente nova excavación do castro á vista, como podemos apreciar nas imaxes.
![](/centros/cpijosegarciaourense/system/files/u60/IMG_20201116_111335.jpg)
![](/centros/cpijosegarciaourense/system/files/u60/collage1.png)