Skip to Content


 

Radio Mende

12ª EMISIÓN RADIO MENDE: Máis información sobre Florencio Delgado Gurriarán e 3º Poema

O pasado venres, 18 de marzo, emitiuse unha nova emisión con máis novas sobre Florencio Delgado Gurriarán, que un grupo do alumnado de 6º E. Primaria continúa a investigar, ademais da lectura do 3º Poema elixido da súa primeira obra, Bebedeiras, co título "Festa: Folión de Vran".

Para volver escoitar premer no documento adxunto.

11ª EMISIÓN RADIO MENDE: Información sobre Florencio Delgado Gurriarán e 2º Poema

Hoxe unha nova emisión, cun chisquiño máis de información do autor deste ano das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, e a lectura doutro Poema, "A Caldeira", da súa obra Galicia Infinda.

10ª EMISIÓN RADIO MENDE: LECTURA POEMAS DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Hoxe comezamos a primeira emisión dunha serie diaria ata o día das Letras Galegas, onde un grupo do alumnado de 6º de E. Primaria, irá lendo un poema do autor das Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán, cada día.

Nesta primeira emisión comezan cun poema da súa obra Galiza Infinda, "Resposta a Rosalía".

Presten atención, ademais pódese atopar máis información e actividades do autor na seguinte web: http://seminariogalan.org/

9ª EMISIÓN: RADIO MENDE: 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo de 2022, co gallo da celebración do Día INTERNACIONAL DA  MULLER, o alumnado de E. Infantil e Primaria foi o encargado de realizar este programa especial, nesta data tan importante.

8ª EMISIÓN RADIO MENDE: ENTREVISTA A ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro, co gallo da celebración do nacemento da máis grande heroína galega, Rosalía de Castro, temos unha emisión especial da nosa Radio, con dúas entrevistas, unha, a nosa Rosalía e outra, a un equipo de Formigas salvadoras da súa obra.

Moitas grazas á alumna de 1º da ESO, Ainara e o seu profe de galego, Xulio. E por suposto, tamén, ao noso equipo de Formigas salvadoras de 1º de E. Primaria. Parabéns!! Gran traballo.

Escoitade con moita atención, contan cousiñas moi interesantes.

7ª EMISIÓN RADIO MENDE: 13 DE FEBREIRO DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe co gallo da celebración do Día Mundial da Radio, proclamado así pola Unesco no ano 2011, dende o o Equipo de Radio Mende tamén participamos cunha emisón especial realizada por dúas alumnas de 6º de E. Primaria. Ademais tamén van informar de todas as actividades do centro para este tempo de celebración de Entroido e Día de Rosalia.

Premendo no arquivo adxunto pódese escoitar.

6ª EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, día 11 de febreiro, como Homenaxe a Muller e a Nena na Ciencia o Equipo de Radio Mende realizou un pequeno podcast, en colaboración co alumnado de 5º de E.Primaria e 1º de E. Primaria.

Para escoitar premer no documento adxunto

5ª EMISIÓN RADIO MENDE: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Hoxe na celebración do Día da Paz e non violencia a emisión de Radio Mende recolleu as mensaxes de Paz do alumnado de 1º de E. Primaria e unha parte do recitado da canción "De festa" de Uxía e a Banda Molona, que toda a Comunidade Educativa cantou e bailou, por tres alumnas de 6º de E. Primaria, que tamén amenizaron esta canción, patinando durante o acto co disfrace da super heroína, a vaca Muxía. Grazas e parabéns, xenial actuación.

4ª EMISIÓN RADIO MENDE: INVESTIGANDO SOBRE TROSKY

Nos últimos días do 1º trimestre dúas alumnas de 6º de E. Primaria, Eva Ucha e Nerea García, estiveron investigando sobre a mascota da Biblioteca, e para resolver o enigma decidiron entrevistar á coordinadora da Biblioteca, Clara Martín. 

Esta entrevista foi emitida este martes en Radio Mende. E por se alguén non puido escoitala ou quere repetir queda no seguinte arquivo.

Haberá máis sorpresas dende Radio Mende, a Biblioteca e o retorno da súa mascota, Trosky.

RESULTADO I CONCURSO ESCOLAR RIBEIRA SACRA DO XORNAL LA REGIÓN

O pasado 30 de novembro o alumnado de 4º de E.Primaria, xunto coa súa titora Rosario Rey Rodríguez participou no I Concurso Escolar Ribeira Sacra polo xornal La Región, na modalidade de Podcast co lema: "Saber e Sabor, na Ribeira Sacra, Mellor". Na primeira rolda de votacións na plataforma Eloquenze xa acadaron o maior número de votos, e hoxe o xurado ven de otorgarlles o 1º Premio. Premendo nas imaxes poden ler e obter maior información. PARABÉNS, GAÑADORES!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut