Segundo a noticia de Faro de Vigo (30-01-23) citando o portal MiCole
PREMA AQUÍ PARA VISITAR O NOSO CENTRO
O alumnado de 4º de E.Primaria xunto coa súa titora, Charo, en colaboración co Equipo de Radio Mende, participou no Concurso convocado polo xornal La Región, "Por que cres que a Ribeira Sacra debe ser Parimonio da Humanidade?" , no formato de Podcast.
Xunto coa súa titora prepararon o texto que logo se gravou na Biblioteca co equipo de Radio Mende, a música que acompaña o texto é un anaquiño do videoclip "Queixume dos Pinos na Ribeira Sacra", no que tamén participara a titora no seu día de gravación.
O Podcast foi enviado e cargado na plataforma que o xornal La Región ten para tal fin Eloquenze.com, así que dende aquí invitamos a toda a comunidade educativa que escoiten e voten este fermoso Podcast do alumnado de 4º de E. Primaria.
Lembrar que para poder efectuar a votación primeiro hai que rexistrarse en dita plataforma, da un chisquiño de traballo mais o alumnado mereceo. Só se precisa engadir un correo, crear un contrasinal, e logo, moi importante, hai que entrar no correo para activar o rexistro e poder votar volvendo á plataforma.
Premendo no subliñado xa se accede tanto as bases do concurso coma á plataforma.
O dito, un pequeno esforzo para este grupo do alumnado, ata o día 15 poden votar, ánimo!!. MOITAS GRAZAS!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PODCAST RIBEIRA SACRA.mp3 | 6.19 MB |
Acceso público: https://www.edu.xunta.gal/proens/ Insertar: (CPI José García García (Ourense - Ourense) (32009360) Despois introducir: ensinanza, curso e materia. O réxime é o xeral-ordinario |