Segundo a noticia de Faro de Vigo (30-01-23) citando o portal MiCole
PREMA AQUÍ PARA VISITAR O NOSO CENTRO
O pasado día 10 de maio foi enviado un podcast sobre Xela Arias, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, ao III Certame Escolar Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
O podcast enviado, "A desorde de Xela", foi elaborado e gravado por un grupo do alumnado de 6º de E.Primaria, con música de fondo "Olas del Sur" de David Minimalia, que deu a súa autorización; e segundo se pode ver na seguinte imaxe con enlace á acta do xurado, acadou premio finalista compartido con outros de 65 podcasts presentados.
PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A desorde de Xela.mp3 | 3.46 MB |
Acceso público: https://www.edu.xunta.gal/proens/ Insertar: (CPI José García García (Ourense - Ourense) (32009360) Despois introducir: ensinanza, curso e materia. O réxime é o xeral-ordinario |