Extraescolares

Os grupos de 4º de ESO visitan a Fundación TIC de Lugo

Coa finalidade de que o alumnado de 4º de ESO madure a toma de decisións respecto o seu itinerario académico e profesional unha vez rematada a etapa da educación obrigatoria, desde o Departamento de Orientación programáronse varias visitas a diferentes centros académicos. Hoxe visitaron, acompañados das súas titoras, Carmen e Blanca, e da orientadora, Branca Nazaré, a Fundación TIC de Lugo.

No TicoDiario de arriba, elaborado e subido pola Fundación, profes, alumnos e alumnas do noso colexio fixeron de presentadores, entrevistadores e entrevistados.

O noso agradecemento á Fundación TIC de Lugo.

Visita dos grupos de 4º de ESO ó IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

Hoxe, 19 de febreiro, dentro do programa Orientación Académica Profesional, e coincidindo co día no que se cumpren cen anos do nacemento do guitiricense Xosé María Díaz Castro, os grupos de 4º de ESO do noso colexio estiveron de visita no IES de Guitiriz, que leva o nome do poeta, onde alumnos do centro, algúns ex-alumnos de Friol, fixeron de guía.

A nosa gratitude ós anfitrións de Guitiriz, de quen deixamos este fantástico documental sobre Díaz Castro, feito por alumnos e alumnas do Instituto.

Viaxe musical a Santiago de 3º e 4º de ESO


Os alumnos e alumnas de Música de 3º e 4º de ESO viaxaron a Santiago para asistir ó espectáculo “El Pop Rock Español”, un concerto didáctico que La Armónica Invisible presentou no colexio La Salle da capital galega.

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS. VILALBA

Felipe Barata

O domingo 9 de febreiro disputouse na localidade lucense de Vilalba o Campionato Provincial de Campo a Través, onde estiveron presentes cerca de 30 atletas do colexio, obtendo  moi bos os resultados, xa que se lograron un total de cinco podiums, con dúas pratas e tres bronces.

2ª PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR. MONFORTE

 

Felipe Barata

VITORIA DO CLUB EN 5 CATEGORÍAS E 11 PODIUMS INDIVIDUAIS

O pasado sábado, 1 de Febreiro, disputouse a segunda proba clasificatoria do Campo a Través Escolar, na cal tomaron parte cerca de trinta atletas das categorías inferiores do club, e na que se obtiveron uns excelentes resultados. O noso club foi o dominador nesta ocasión, logrando a victoria por equipos en cinco categorías e un segundo posto. Ademáis, a nivel individual conseguíanse un total de 11 podiums.

Campionato galego cadete de cross. Friol

...


Felipe Barata

SEXTO POSTO NA CLASIFICACIÓN DE CLUBS

O pasado domingo 26 de Xaneiro disputouse no noso pobo o Campionato galego cadete e xuvenil de campo a través, no cal tomou parte o equipo cadete, obtendo un gran resultado, pois, malia que era o seu debut oficial nunha competición desta categoría, logrou alcanzar o sexto posto na clasificación de clubs.

Memorial Alejandro Lorenzo de cross. Friol

Felipe Barata

CUARTO POSTO POR EQUIPOS NA CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

Conxuntamente co Campionato galego de cross curto e o cadete-xuvenil, tamén se disputaba o Memorial Alejandro Lorenzo de cross para as categorías de menores, nas que tamén participaba un bo número de atletas do club.

Excursión de 4º de ESO á neve

...


Dentro das actividades extraescolares programadas polo Departamento de Educación Física do Centro, un grupo de 19 alumnos e alumnas de 4º de ESO están a pasar, desde o 25 de xaneiro ata o 1 de febreiro, unha semana branca en Andorra, acompañados polos profesores Ricardo Rosado (Educación Física) e Modesto Fernández (Educación Plástica).

Despois dos lóxicos nervios previos e dunha longa e nocturna viaxe en autobús, por fin o grupo xa está in situ, preparado para gozar dos deportes da neve e da cultura da montaña.

Desexámosvos unha bonita semana de esquí e de convivencia!!!

Tres podiums na San Silvestre Fluvial. Lugo

Felipe Barata

O último día do ano do pasado 2013 serviu para que varios atletas do club despediran o ano disputando esta xa clásica proba deportiva. O máis destacado dos atletas do Atletismo Friol foron os tres podiums alcanzados polos deportistas das categorías inferiores.

I Cross Concello de Friol e Campionato Provincial de Cross

...

Felipe Barata

Dous podiums para o CPI. Dr. López Suárez

O pasado venres 6 de Decembro disputouse o I Cross Concello de Friol e tamén o Campionato Provincial de Cross para as categorías xuvenil e absoluto. No primeiro tomaron parte a práctica totalidade de atletas do Colexio, é dicir, cerca de 40 nenos e nenas que están inscritos no Programa Xogade, mentres que no Campionato Provincial participaron dous alumnos.

Distribuir contido