Os grupos de 4º de ESO visitan a Fundación TIC de Lugo

Coa finalidade de que o alumnado de 4º de ESO madure a toma de decisións respecto o seu itinerario académico e profesional unha vez rematada a etapa da educación obrigatoria, desde o Departamento de Orientación programáronse varias visitas a diferentes centros académicos. Hoxe visitaron, acompañados das súas titoras, Carmen e Blanca, e da orientadora, Branca Nazaré, a Fundación TIC de Lugo.

No TicoDiario de arriba, elaborado e subido pola Fundación, profes, alumnos e alumnas do noso colexio fixeron de presentadores, entrevistadores e entrevistados.

O noso agradecemento á Fundación TIC de Lugo.