CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS. VILALBA

Felipe Barata

O domingo 9 de febreiro disputouse na localidade lucense de Vilalba o Campionato Provincial de Campo a Través, onde estiveron presentes cerca de 30 atletas do colexio, obtendo  moi bos os resultados, xa que se lograron un total de cinco podiums, con dúas pratas e tres bronces.

As medallas de prata para á atleta cadete Ana Varela, que firmaba unha moi intelixente carreira na proba da súa categoría. A outra medalla de prata viña a cargo do equipo cadete masculino integrado por Alex López, Adrián Lage e Tino Villar.

Os bronces foron obtidos por Adrián Lage na proba cadete masculina, nunha carreira de menos a máis, por David Fariñas na categoría benxamín masculino, e por último, polo equipo infantil masculino integrado por Cristian Santos, Miguel Ángel Sánchez, Ángel Martínez e Adil Loussini.

Tamén por equipos destacaron os alevins, xa que o equipo feminino conseguía a cuarta posición e o masculino a quinta.

Por último, ademais de todos os atletas citados, lograron a súa clasificación para o campionato galego Cristian Santos e María Carballido na categoría infantil.