I Cross Concello de Friol e Campionato Provincial de Cross

...

Felipe Barata

Dous podiums para o CPI. Dr. López Suárez

O pasado venres 6 de Decembro disputouse o I Cross Concello de Friol e tamén o Campionato Provincial de Cross para as categorías xuvenil e absoluto. No primeiro tomaron parte a práctica totalidade de atletas do Colexio, é dicir, cerca de 40 nenos e nenas que están inscritos no Programa Xogade, mentres que no Campionato Provincial participaron dous alumnos.

O evento contou coa participación dos mellores clubs e colexios da provincia e os nosos nenos e nenas lograron un total de 2 podiums. Trátase do segundo posto de David Fariñas,  na categoría benxamín masculino,  e do terceiro de María Carballido,  na categoría infantil feminino.

Pola súa parte, os representantes do colexio no Campionato Provincial eran Rubén Ceide e Nilo Castro, que lograban o sexto e o octavo posto respectivamente.