2ª PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR. MONFORTE

 

Felipe Barata

VITORIA DO CLUB EN 5 CATEGORÍAS E 11 PODIUMS INDIVIDUAIS

O pasado sábado, 1 de Febreiro, disputouse a segunda proba clasificatoria do Campo a Través Escolar, na cal tomaron parte cerca de trinta atletas das categorías inferiores do club, e na que se obtiveron uns excelentes resultados. O noso club foi o dominador nesta ocasión, logrando a victoria por equipos en cinco categorías e un segundo posto. Ademáis, a nivel individual conseguíanse un total de 11 podiums.

Na categoría benxamín masculino, David Fariñas lograba a victoria, por diante do seu compañeiro de equipo Juan David López. 

Polo que respecta á categoría alevín, a máis destacada foi Andrea Farías, que lograba a vitoria. Na proba masculina, gran carreira a de Samuel Castedo, xa que entraba en segunda posición.

Na proba infantil masculina houbo un triplete dos nosos nenos. Cristian Santos, Adil Loussini e Marcos Burgo ocupaban as tres primeiras posicións, nesta mesma orde. Na proba feminina, María Carballido entraba en segunda posición.

Polo que se refire ós cadetes, triunfo para Gael Jaúregi, por diante do seu compañeiro de equipo Adrián Lage. Entre as nenas, destacou a vitoria de Andrea García.

Por equipos, victoria para o benxamín masculino, para o alevín feminino, para o infantil masculino e para os equipos cadetes masculino e feminino. O alevín masculino lograba a segunda posición.

Noraboa a estes e ós demais participantes polo seu grao de compromiso, tanto para este deporte como para o club, xa que incluso algún neno e nena cadete competiron con lixeiras lesións que levan arrastrando esta tempada. Dende aquí non queda outra que felicitalos e agradecerlles o seu bravo comportamento.