Campionato galego cadete de cross. Friol

...


Felipe Barata

SEXTO POSTO NA CLASIFICACIÓN DE CLUBS

O pasado domingo 26 de Xaneiro disputouse no noso pobo o Campionato galego cadete e xuvenil de campo a través, no cal tomou parte o equipo cadete, obtendo un gran resultado, pois, malia que era o seu debut oficial nunha competición desta categoría, logrou alcanzar o sexto posto na clasificación de clubs.

A nivel individual, o máis destacado foi Gael Jaúregi, que conseguía rematar no posto 16. Gran mérito a do xove discípulo de José Peña, xa que correu case toda a proba cunha zapatilla, ó perder na zona máis difícil do percorrido a outra. Adrián Lage entraba no posto 21, mentres que os seus compañeiros de equipo Pablo Piñón e Alex López facíano no 31 e 32, respectivamente. Completaba a actuación Tino Villar, no posto 55.