Edu-Excelencia

CREAMOS O NOSO PROPIO XOGO

O alumnado de sexto de primaria inventou as preguntas para xogar a "Snakes and Ladders" e así practicar os pronomes interrogativos. As preguntas que crearon foron de moi diferentes tipos e algunhas de certa dificultade.

 

ENCONTRO DIGITAL WEEK

O alumnado de 6º participou no Encontro Digital Week que se celebrou o 7 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Alí viron novamente a algúns dos compañeiros da Digital Week que se celebrou en outubro no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares.

Ademais asistiron á conferencia-coloquio de Deborah García Bello e Manuel Vicente. Un alumno do noso centro gañou un libro por facer a pregunta que máis lle gustou á conferenciante: "De que está feito o universo?"

Posteriormente tiveron un pequeno recreo con merenda e a continuación un taller de programación con Makey Makey que foi moi entretido.

Finalmente, no salón de actos, viron un vídeo no que os seus monitores e profesores do campamento dos Peares lles transmitiron moi bos desexos.

Pódese dicir que foi unha mañá intensa e ben aproveitada!

TIME TO MOVE

O alunado de 1º, 2ºe 3º de ESO participou nunha actividade organizada polo GDR e levada a cabo por dúas estudantes italianas, traballando sobre a temática dos proxectos europeos. 

Distribuir contenido