Edu-Excelencia
A GALIÑA DE MOS VISITA CASTROVERDE
Dentro do plan Proxecta: Mestres Gandeiros, o alumnado de 5º ed. Infantil, estamos a facer un proxecto dos pitiños, que poderedes ver cando o rematemos. Pero agora vámosvos amosar como foi o proceso de incubar os ovos e a espera que se fixo eterna, eses 21 días non paramos de mirar para os ovos, e desde que sairon os 13 pitiños xa foi o máis incríble. Ver como medraban, como comían o penso e bebían a auga do bebedeiro, e como a mestra Elena lles cambiaba a "camiña" todos os días...
WHERE IS SPOT?
Esta vez, Alejandro Hugo, Isaac e Nerea agasalláronnos con este bonito conto. Para iso tiveron que practicalo na casa e perder uns minutos da sua clase de EF. Todos disfrutamos desta historia na que a nai busca ao seu cachorro por toda a casa e vai atopando inesperados hóspedes en lugares pouco convencionais.
SAÍDA A SANTIAGO: 5º E 6º DE PRIMARIA E 3º DA ESO
O martes 16 de Abril o alumnado de 5º e 6º de primaria e o de 3º da ESO, tivo a oportunidade de visitar Santiago de Compostela.
Pola mañá todo o grupo visitou o Edificio da Xunta de San Caetano, onde tiveron a oportunidade de sentarse nas cadeiras dos conselleiros e conselleiras da Xunta de Galicia e averiguar os asuntos dos que se ocupan. Posteriormente visitaron o edificio do Parlamento de Galicia, onde puideron asistir de cerca aos preparativos e un fragmento por circuito pechado da solemne Sesión plenaria de apertura de la XII Lexislatura do Parlamento de Galicia. Alí se lles explicou o funcionamento do Parlamento e as distintas dependencias do mesmo.
Tras comer no parque da Alameda os grupos dividíronse. Á tarde o grupo de primaria deu primeiro un paseo pola Alameda, onde xogaron nun parque infantil con tirolina, para posteriormente dar un paseo polo casco histórico. O grupo de secundaria fixo un percorrido guiado pola profesora de xeografía e historia polo casco histórico, analizando fachadas barrocas e neoclásicas de diferentes edificios.
Coidamos que foi unha saída extraescolar moi interesante na que aprenderon numerosos contidos de xeografía, historia e arte de Galicia.
IMOS COMER FÓRA!
Unha vez máis intentamos que na clase de inglés se empregue a lingua extranxeira coma nunha situación real. Esta vez representamos, en grupos de tres, unha escea cotiadiá nun restaurante: a entrada, a petición da comida e o momento de pagar e irnos. Cada grupo elaborou un guión diferente, engadindo guiños propios e incluímos certos elementos improvisados para darlle un toque máis real e gracioso.
LET'S MAKE A DELICIOUS SANDWICH! 3RD PRIMARY
School de Isabel Pérez García