Promoción do benestar emocional
LECTURA COAS FAMILIAS: PEDRO E O LOBO
A semana pasada, veu a facer con nós a lectura en familias na aula de 5º Ed. Infantil, Crsitina a mamá de Diego. E para esta ocasión Diego elexiu para que a súa mamá nos lera o conto titulado: Pedro e o lobo. Deste conto aprendemos que non se poden dicir mentiras, porque cando che suceda algo de verdad, igual non tes quen che axude, por que non van a crer en ti.
DESPEDIDA DA COCIÑEIRA
Con motivo da xubilación da nosa querida cociñeira Amparo, o alumnado de 6 de infantil faille agasallo dunha blonda, na que recollen unha selección dos seus pratos favoritos.
APADRIÑAMENTO LECTOR DE 6º DE PRIMARIA E 5º DE EI
Este venres fomos á nosa biblioteca do centro a disfrutar dunha actividade que nos gusta moito: os apadriñamento lectores. Os nosos padriños e as nosas madriñas trouxéronnos uns contos super divertidos, algúns en galego e outros en castelán, ata algún con pictogramas. Desfrutamos moito coa lectura e de poder estar un ratiño cos nenos e nenas maiores. Moitas gracias por vir a facer con nós esta actividade.