Promoción do benestar emocional

DÍA DA FAMILIA EN 5º DE EI

Para conmemorar o día da familia, fixemos este tarros, que reciclamos da cociña, e que xa usáramos no Entroido, para meter a planta que foramos fai uns días mercar na casa de Serra de Castroverde, e así agasallar ás nosas familias con este ser vivo, que nos comprometemos a coidar.

TATUAXES DE HENNA

Unha vez maís, e xa para rematar, xa que Ritu se vai para o seu país, pois fixo con nós unha actividade moi divertida. Trouxo Henna e pintounos unhos debuxos moi chulos nas nosas mans. Ollade o vídeo!!

LEOTOLDA VÉN AO COLE

o1º  A partir da lectura da familia de Rosalia, do conto titulado Leotolda, animaronnos a facer esta actividade. Tiñamos que imaxinarnos como sería a protagonista do conto. E así o amosamos. Ademáis esta vez usamos unhas témperas moi especiais. Si, si!! brilan na escuridade.... mirade mirade!!

POSTAIS DE NADAL EN SEGUNDO DE PRIMARIA

O alumnado de 2º escribiu as súas cartas de nadal e visitaron a oficina de correos da vila para enviar os seus desexos.

Distribuir contenido