Reforzo da inclusión educativa
LECTURA EN FAMILIAS: PEDRO E O LOBO
Na aula de 4 anos seguimos coa lectura en familias. E xa fai unha semanas que nos visitou Cristina a nai de Diego para contarnos o conto: Pedro e o lobo, do que aprendemos moitas cousas. E despois da lectura seguimos a facer a actividade creativadade que temos encomendada. Disfrutamos moito e deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade.
MOITO MÁIS SOBRE A AULA MAKER
Continuamos coa presentación de diferentes exemplos das actividades que fai o noso alumnado na "aula maker" durante os recreos dos xoves e venres en primaria e de martes a venres en secundaria.
Como xa comentamos, durante os recreos é un espazo de creación, estudo e xogo en liberdade, baixo o coidado dunha profesora de garda (e unha coidadora se hai presenza de alumnado que o necesite). As actividades durante o tempo de lecer non son dirixidas polo profesorado, senón que xorden espontaneamente da rapazada. Esta mesma aula é empregada polo profesorado no tempo lectivo para facer actividades co material do programa Polos Creativos, por exemplo, con actividades reguladas. Pero nos períodos de lecer predomina a liberdade creativa.
A profesora sitúa diferentes recunchos de actividades, variándoos de cando en vez para motivar o xogo; pero o alumnado é libre de coller outro material dos andeis, ou realizar outras actividades non previstas en absoluto.
É un espazo de inclusión e convivencia, onde o alumnado de diferentes cursos interactua e establece ou reforza amizades, onde se traballa a coeducación, e se abre a posibilidade de desenvolver actividades que non teñen cabida no currículo habitual e que contribúen a evitar o abandono escolar.
Aquí vai unha escolma de exemplos.