Reforzo da inclusión educativa

O NOSO NOME EN HINDI

Seguimos de viaxe pola India e aproveitando que temos no cole a Ritu, invitámola a que viñera á nosa aula a contarnos cousas do seu inmenso país. E comezamos sabendo como se escriben o nosos nomes na súa lingua materna. Se premedes no video, podedes velo. Foi moi moi interesante a súa visita. Pero aínda hai máis, que vos ensinaremos máis adiante. ....

LECTURA CON FAMILIAS: LEOTOLDA

A semana pasada tivemos outra sesión de lectura en familia. Nesta ocasión veu a familia de Rosalía a ler o conto de LEOTOLDA, e tivemos que ler o conto case ás escuras, por que tiña sorpresas agochadas. Encantounos!!!

CREACIÓN DE MATERIAIS INCLUSIVOS

Dentro dos programas Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa, están a creación de materiais que melloren o éxito escolar de determinado alumnado con necesidades especiais. Nestes casos é máis necesario que en ningún outro, contar coa implicación das familias.

Este material en concreto pertenece á modalidade INCLÚE – T, que promove a eliminación de barreiras derivadas de condicións persoais do alumnado. Porque unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades traballando en colaboración coas familias.
Neste caso, este material creouse para favorecer a aprendizaxe dun alumno autista para responder ás súas necesidades:

  • O alumno aprende mellor por vídeos ou outros materiais que pola explicación directa, xa que se distrae no contacto persoa a persoa, e se concentra mellor se non ten que estar pendente da interacción social.
  • É un alumno cunha gran memoria, que responde moi ben á introdución de contidos impartidos en cursos anteriores.
  • Agradece a repetición de determinados contidos exactamente no mesmo formato de imaxes, audios, música de fondo... Fai que lle resulten familiares e facilita a aprendizaxe e a relación de contidos anteriores cos novos.
  • Motívase moito se relacionamos as aprendizaxes con cancións, anuncios e xogos do seu interese, ou con cuestións prácticas da vida diaria. Neste sentido é fundamental o labor da súa nai, que nos transmite os elementos da súa contorna que nos poden resultar útiles para introducirlle as diferentes aprendizaxes (determinadas cancións, xogos, anuncios...), con suxestións sobre o seu uso específico para introducir contidos novos.

Por todo isto, no vídeo que elaboramos, relaciónanse contidos da materia de Tecnoloxía do curso 2023 – 2024 cos contidos impartidos na mesma materia no curso  anterior, cos audios específicos dos vídeos que se empregaron; e tamén con contidos dalgunha outra materia (ciencias naturais, xeografía e historia); ou da vida diaria (como colocar unha pila nun aparato, os riscos da electricidade, que facer se salta o diferencial na casa e se vai a luz...).
Estes apuntamentos presentados no vídeo tenos tamén en papel, e complétanse con exercicios relacionados. A repetición da estrutura da clase tamén o axuda dándolle seguridade: visualización do vídeo, realización de exercicios (de forma individual ou cos compañeiros e compañeiras de clase cando é posible), tempo de descanso.

A VOLTA AO MUNDO EN ALGO MÁIS DE 80 DÍAS

O alumnado de 5º Ed. Infantil, andamos dende o comezo de curso, dando a volta ao mundo en algo máis de 80 días, axudándonos da serie de Willy Fog.  Xa pasamos por Londres, e por París, e ahora tacaríanos visitar Brindisi e o país de Italia, pero aproveitando que temos no cole este ano, unha axuliar de conversa da India, país, que tamén visita Willy Fog, pois decidimos aprender cousas da  India, man de Ritu. Despois voltaremos hacia atrás para poder saber cousas de Italia e de Exipto, pero quizá sexa para o ano.

Dendelogo, se viaxaramos con Willy Fog, Tico e Rigodón, non ganábamos a aposta... xa que nos vamos a outro ritmo, e atopamos tantas cousas interesantes en cada país, que sempre queremos saber máis e máis.

Vamos enseñarvos unha pequena mostra da nosa viaxe por París e das cousas que alí descubrimos.

Fixemos o museo do Louvre, para ter o noso propio museo, nas nosas casas.

Vimos que dentro do Museo do Louvre había un cuadro moi moi famoso, e que nos tiñamos tamén no noso cole. A Gioconda

E por último, fomos tamén a Disneyland. E fisemos un photocoll como se estiveramos alí en persona... Foi divertido!!!

Temos que dar as gracias a todas as familias que colaboran en todas as actividades que lles propoñemos, e tamén ás profes e a Mercedes, que colaboran facendo máis motivadoras as actividades.

E quedamos á espera do que vamos a decubrir con Ritu sobre a India

Distribuir contenido