Convive-T
CONFERENCIA SOBRE IDENTIDADE DIXITAL
Charla de identidade dixital para 3º e 4º de ESO impartida por AMTEGA.
DÍA DE ROSALÍA EN 4º DE EI
Fai uns días celebramos o día de Rosalía, e esta data para nosoutros é moi importante. Estivemos traballando en moitas actividades que empezamos a amosarvos enseguida. Algunhas ainda as estamos rematando pero próximamente as ensinamos.
Neste vídeo fixemos o xardín de Rosalía. A primeira tarefa foi debuxar un xardín cheíño de flores para despois poñer a silueta de Rosalía enriba. Seguro que se o vira Rosalía íballe encantar. E a segunda actividade foi a participación nun mural grupal de todo o centro ó estilo Andy Warhol.
PROGRAMA CONVIVE-T
CONVIVE-T.
A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.
3.1. Descrición da actuación
Desenvolveranse medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos e outras accións similares.
3.2. Obxectivos
a) Identificar as incidencias relacionadas coa convivencia no seo da comunidade educativa.
b) Promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre todos os membros da comunidade educativa.
c) Mellorar a competencia social e cívica (CSC).
d) Impulsar a participación colaborativa das familias e doutras institucións e entidades na mellora da convivencia escolar.
e) Promover medidas que fomenten a convivencia positiva.