CP-INCLÚE
XOGOS COOPERATIVOS NO CP-INCLÚE
Combinando os dous conceptos realizamos breves cuñas motrices colaborativas que se insiren entre os tempos de traballo. Aquí temos algúns momentos desta semana.
MATERIAIS ADAPTADOS PARA DIFERENTES NIVEIS DE PRIMARIA E MODELOS DE REXISTRO DE CONDUTA
Nos arquivos adxuntos atopamos:
- Guión adaptado para participar nunha obra teatral para alumnado con dificultades de lectoescritura.
- Cuaderno de vocabulario básico de inglés para alumnado con problemas de lectoescritura.
- Rexistro de conduta para alumnado de 2º de EP onde se atopan nenos con problemas de comportamento.
- Rexistro de conduta para alumnado de 3º de EP para mellorar o comportamento xeral do grupo-clase.
- Autoavaliación de tareas diarias na área de matemáticas para unha alumna de 4º de EP.
ACOLLIDA A UN NOVO ALUMNO EN SEGUNDO DE PRIMARIA
Este curso no segundo trimestre incorporáronse á nosa clase dous nenos procedentes doutra cidade e doutro país. Preparamos unha serie de actividades para recibir a estes nenos.
- Actividade de presentación. Realizamos unhas fichas de xeito individual nas que aportamos datos personais: nome, idade, gustos....
- Traballamos a empatía con diferentes actividades.:
- Visionado do conto “Boris” https://www.youtube.com/watch?v=ncgp0zob1rs
Comentamos o que ocorre no conto e facemos unha “nube de palabras” relacionadas coas emocións que nos transmite este conto. Situamos no centro a palabra “empatía”, que previamente xa traballaramos con motivo do día da Paz, e coñecemos o seu valor e importancia.
Lectura do conto “El León y el pájaro.” Marianne Dubuc.
“ Potaxe da amizade”. Para realizar esta actividade primeiro eleximos que palabras definen para nós a amizade, metémolas nun pote e desa mistura nace a amizade.