XOGOS COOPERATIVOS NO CP-INCLÚE

Dentro dos múltiples programas do CPI de Castroverde, inclúense actividades que axudan a mellorar a cohesión do grupo - clase, prever o acoso escolar, enriquecer a escala de valores dos vosos fillos e fillas, reducir o absentismo escolar e favorecer a concentración e un mellor rendemento. Nesta liña están os xogos cooperativos e as cuñas motrices.
Os xogos cooperativos son xogos nos que non se permite a competitividade, senón que se favorece a colaboración. Neles só gañan se consiguen un reto colaborando todo o grupo. As cuñas motrices son xogos breves que implican certo grado de movemento físico e que se realizan na aula entre momentos de alta concentración. Lonxe de resultar unha "perda de tempo" está demostrado que axudan a mellorar a aprendizaxe.
Combinando os dous conceptos realizamos breves cuñas motrices colaborativas que se insiren entre os tempos de traballo. Aquí temos algúns momentos desta semana.