Club de Ciencia
SEMENTAMOS NA PRIMAVERA
O alumnado de 4 anos está cos seus traballos do horto.Xa medran as fresas, cebolas e allos porros.
No mes de abril comezaron a subir as temperaturas, polo que se puxeron mans a obra e plantaron: chirivía, trigo e máis cebolas.
Tamén fan traballos de limpeza, apañando as pedras para ser reutilizadas.
Cada día están máis ilusionados con este proxecto
CONFERENCIA DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Irene Martínez Pérez, programadora, xefa de equipo e mentora informática, bióloga e zoóloga, explicou ao alumnado a súa traxectoria profesional. Na conferencia quedou claro que as mulleres poden aportar moito no sector tecnolóxico desde diferentes perfís, tanto de ciencias como de letras. As nenas poden chegar a traballar no sector das TICs despois de estudar FP ou diferentes carreiras universitarias. As intelixencias artificiais e, en xeral, a tecnoloxía do futuro, vai precisar da aportación de todos e todas. Potenciar o esforzo, a creatividade e o espíritu crítico é importante para acadar as metas profesionais. Os valores éticos son imprescindibles para camiñar cara unha sociedade mellor en todos os ámbitos. Isto adquire especial importancia no desenvolvemento das novas intelixencias artificiais.
O teito de cristal salarial que fai que de media as mulleres cobren menos pode equipararse se as rapazas acceden a aquelas profesións tipicamente masculinas e nas que os soldos son máis altos.
Agradecemos a Irene Martínez a súa colaboración na formación do alumnado de ESO do CPI Plurilingüe de Castroverde e a súa contribución a un mundo máis xusto e igualitario para as nenas e as mulleres.