Club de lectura
LENDO POESÍA NA TORRE DA HOMENAXE
Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO realizaron un roteiro literario no que visitaron a Torre da Homenaxe do castelo de Castroverde. Estiveron acompañados polas profesoras Nanda Suárez Méndez e Crsitina González Grandas. Tanto alumnas e alumnos como profesoras ían caracterizadas con traxes medievais. Felicitamos a profesoras e alumnado por estas iniciativas de levar a poesía á rúa, nun entorno tan próximo e de grande valor histórico e patrimonial.
Durante a actividade leuse unha selección de poesías diversas, entre elas coplas de Jorge Manrique... No CPI Plurilingüe de Castroverde vivimos a poesía!
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O DIARIO DE ANA FRANK
O día 31 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha Tertulia Dialóxica sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estivo coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE O DIARIO DE ANA FRANK
O día 31 de xaneiro de 2019 terá lugar unha tertulia sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estará coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez. Inivitamos a asistir a todas as persoas que o desexen. Celebrarase no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde. Achégase o arquivo da selección de textos realizada pola profesora Nanda Suárez. |
TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL
Tras unha breve introducción da profesora Nanda Suárez Méndez sobre Concepción Arenal, fixemos unha tertulia dialóxica sobre un dos seus ensaios sobre a muller. Foi o 29 de novembro de 2018, xoves, no salón de actos do CPIP de Castroverde. Estivo dirixida á totalidade do alumnado de educación secundaria e e para todas as persoas adultas que quixeron asistir. A tertulia estivo coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Houbo unha elevada participación, dialogando sobre as reflexións desta intelixente muller do século XIX, sobre os seus logros e sobre a situación da muller nesa época e tamén sobre a discriminación que segue habendo na sociedade actual.
TERTULIA SOBRE POEMAS DE BLAS DE OTERO
O luns 28 de maio celebrouse a última tertulia literaria dialóxica do curso sobre poemas de Blas de Otero.