Club de lectura

TERTULIA ARÍTSTICA: O MEU AMIGO NIETZSCHE

Coincidindo co día do libro a nosa Tertulia Dialóxica Artística tiña como tema principal a importancia da lectura e a responsabilidade dun mesmo á hora de escoller a liberdade e o poder que outorga o coñecemento nesta vida... Neste caso foi o cortometraje “O meu amigo Nietzsche” o escollido para comentar entre todo o alumnado da ESO e os profesores que asistiron esta tarde á proxección no salón de actos.

CLUB DE LECTURA: ESPECIAL LORCA

Este curso queremos homenaxear a poesía de Federico García Lorca dende todos os cursos do CPIP dende infantil a Secundaria. Todos preparamos algún poema para recitar, cantar ou dramatizar aos seus compañeiros e fixérono todos realmente ben. Cremos que pasamos un bo rato coa poesía que era a nosa finalidade.

FOTOS DO EVENTO

VÍDEOS DE INFANTIL CON 1º DE ESO

VÍDEOS DE 4º CON 2º E SEXTO DE PRIMARIA

VÍDEOS DE 3º DE ESO CON 5º E 1º DE PRIMARIA

VÍDEOS DE 4º DE ESO CON TERCEIRO DE PRIMARIA

VÍDEOS DE 2º DE ESO CON 4º DE PRIMARIA

FEDERICO GARCÍA LORCA

VIVINDO A POESÍA EN COMUNIDADE

O próximo martes 26 de febreiro terá lugar unha intensa xornada de lecturas compartidas en galego e en castelán sobre distntos fragmentos da obra de Federico García Lorca. Esta actividade, que implica á totalidade do centro educativo, está coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Animamos a todos e todas a pasar pola biblioteca e presenciar a maxia da poesía lida polos rapaces e rapazas do CPI Plurilingüe de Castroverde.

1ª hora           2ª hora                 3ª hora                   4ª hora /5ªhora                  tarde                     
3º ESO 4º ESO Aplicadas  4º ESO Académicas  2º ESO   4º ESO APLICADAS
1ºEP+5º EP 2º EP +6º EP  3º EP 4º EP  2º EP +6º EP

DÍA DE ROSALÍA NO CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

O día de Rosalía celebrouse con múltiples actividades na biblioteca do CPI de Castroverde nas que participaron o alumnado de primaria e de secundaria.

Agradecemos ós equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega o intenso traballo realizado.

O alumnado, dirixido por Cándido Díaz, interpretando  Negra Sombra  coas ocarinas elaboradas coa impresora 3D.



 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i
 eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás
nunca,
sombra que sempre me asombras.

FESTA DA LECTURA DO MES DE XANEIRO EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

Esta primeira festa da lectura desenvolveuse en torno ao libro "A casa máis grande do mundo" de Leo Leonni en 1º de primaria, dentro do proxecto "Lectura en familia", que forma parte do Club de Lectura do centro.

Distribuir contenido