Club de lectura
PASEO LITERARIO POR CASTROVERDE
O alumnado de 1º de ESO fixo un paseo literario pola vila de Castroverde.
RECITAL DE POEMAS NA TORRE DA HOMENAXE
O venres 29 de abril vivimos un momento medieval recitando poemas de Jorge Msnrique na Torre da Homenaxe. Un momento con moita maxia!
TERTULIA DE LINGUA GALEGA SECUNDARIA
O Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza unha Tertulia literaria que se celebrará o día 9 de maio para 3º e 4º ESO e o 10 de maio para 1º e 2º ESO.
O tema tratado é : "O mundo da aldea". Comentaranse textos poéticos de diversos autores do século XIX e, sobre todo XX, e mesmo XXI, que describen o mundo tradicional galego , e textos dos medios de comunicación, basicamente noticias e reportaxes que reflicten o mundo rural actual con temáticas como a agricultura ecolóxica, os parques eólicos, o abandono do rural...
A tertulia será nos Salón de Actos do CPIP de Castroverde.
Os textos da tertulia están nos arquivos adxuntos.
DE ALMUDENA GRANDES A XULIO VERNE
Hoxe tivo lugar o faladoiro de literatura francoespañola "de Almudena Grandes a Xulio Verne" co alumnado de 3 ESO.
A tertulia foi habilmente orquestrada pola profesora de lingua castelá e segundada polas profesoras de galego e de francés.
Quedamos abraiadas pola alta participación dos rapaces e rapazas: o faladoiro xenerou intercambios apaixonados ata tal punto que elixir os gañadores vai ser moi difícil.
Comprobamos hoxe máis que nunca que os debates literarios son fundamentais para a apertura da mente. Estes eventos axudan ao desenvolvemento da expresión oral e reforzan a autoestima. De paso, os participantes aprenden a respectar as quendas de palabra.
Vólvense máis seguros e atrévense cada vez máis a expoñer e a compartir a súa opiñión.
Hoxe vimos de que xeito van adquirindo tod@s soltura na elocuencia e incluso chegan a debater cun agudo sentido do humor.