Proxecto de formación no centro

FERRAMENTAS PARA A MELLORA DALGUNHAS COMPETENCIAS BÁSICAS

23/04/2014 16:25

O 23 de abril de 2014 terá lugar unha actividade de formación impartida por D. Jorge Mira Pérez dirixida ó profesorado do CPI e ás voluntarias e voluntarios dos Grupos Interactivos, así como ás outras persoas que colaboran directamente na formación do alumnado (como o profesorado en prácticas). A actividade desenvolverase entre as 16:25 e as 18:25 horas no salón de actos do CPI.

PROTOCOLO NO COMEDOR ESCOLAR

O día 13 de marzo de 2014, a profesora María Salomé Alonso Pintado, experta en "Protocolo  y Ceremonial del Estado" pola Universidade de Oviedo, impartirá as seguintes actividades:
  • 12:00- 12:50  Taller "Saber estar na mesa" para as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de EP, na biblioteca escolar.
  • 12:55-13:40 Taller "Saber estar na mesa" para as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de EP, na biblioteca escolar.
  • 15:25-16:15 Conferencia  "Protocolo na mesa" para alumnado de Secundaria e aqueles familiares  ou colaboradores do comedor escolar  que queiran asistir, no salón de actos.
  • 16:25- 17:25 Conferencia "Contidos do Saber Estar en educación primaria e secundaria" dirixida ó profesorado do CPI de Castroverde.  

Agradecemos a esta avoa de dúas nenas de educación infantil do noso CPI a súa aportación á nosa comunidade.

ACTIVIDADES EDUCATIVAS CON JORGE MIRA NO CPI DE CASTROVERDE

O 11 de maio de 2016 Jorge Mira estivo desenvolvendo diferentes actividades educativas no CPI de Castroverde.

Durante a mañá os alumnos de primaria e secundaria formuláronlle preguntas sobre o seu segundo libro " ¿A que altura está o ceo?". A continuación os alumnos e alumnas de secundaria realizaron cálculos mentais rápidos e resolveron problemas de física e matemáticas. Despois tivo lugar unha conferencia sobre a teoría da relatividade.

Na sesión de tarde os docentes do centro asistiron a unha interesante sesión de formación.

 

Distribuir contenido