Centro plurilingüe e auxiliar de conversa
CHRISTMAS ACTIVITIES
O departamento de inglés organizou de novo unha variedade de actividades para traballar o nadal na aula.
Entre outras podedes pasar a ver as postais con mensaxes en inglés que están expostas no taboleiro do pasillo de secundaria.
Tamén disfrutamos dos xogos que deseñou e organizou o noso auxiliar de conversa americano,Noah Forslum e aprendimos cancións de Nadal en inglés para corear nas nosas ceas navideñas ou cando as escoitemos na radio.
Aprender disfrutando e disfrutar aprendendo.
Merry Christmas!!
MERRY CHRISTMAS MY STUDENTS
Porque cando se organizan nun proxecto común funcionan como unha cadea humana solidaria.
Porque o colexio se iba engalanando ata quedar cheo de rincóns que crearon un ambiente navideño precioso.
Porque con elas e eles todo é posible cando se sinten parte do proceso.
E, porque éste é o verdadeiro sentido da educación.Traballar xuntos na mesma dirección.
Bo Nadal!
Merry Christmas!
THE VALIANT PROJECT: USING GAMIFICATION IN FOREIGN LANGUAGE TEACHING
O noso centro está participando nun Erasmus+, Virtual Exchange 3.2: “Using Gamification in Foreign Language Teaching, colaborando na aplicación de xogos na aula. Estes xogos foron creados por un equipo de estudantes universitarias, baseándose nas necesidades e suxerencias do profesorado implicado. Para coordinarnos utilizamos videoconferencias nas que participamos profesores de diferentes partes mundo, dende Canadá, pasando por Galicia e chegando incluso ata Nepal. A pesares das diferencias horarias, conseguimos atopar momento para falar. En concreto, no noso equipo participamos escolas de Galicia, Eslovenia, Canadá e Portugal.
Neste momento acabamos de aplicar o primeiro xogo, que funcionou moi ben na aula. Adaptouse un pouco a versión para que coincidira á perfección nas nosas necesidades. Aquí vemos un momento do xogo así como varios elementos do mesmo.
PREMIOS ENGLISH HALLOWEEN
Aquí temos os gañadores do concurso de Halloween. O alumnado de Castroverde unha vez máis demostrou que a imaginación non ten límites. Parabéns para estes rapaces tan creativos. 1er premio: Ceibe Gil Fernández - Coronado. 2 premio: Carolina Freire Cando e Xiana Rodríguez Pillado. 3 premio: Arazt Neira Cadillo e Kimetz Neira Cadillo.
ONE IS A SNAIL...
O alumnado de 3º de primaria realizou unha adaptación do libro:"One is a snail, ten is a crab". Foi un traballo en equipo que está exposto no tablón de primaria, xunto ao salón de actos. Fixeron dúas versións nas que se incuiu o audio do conto gravado por eles. Están levando para a casa as dúas versións consecutivamente para que todos os alumnos podan lelo e escoitalo coas súas familias. Temos aquí acceso a el co código QR.