THE VALIANT PROJECT: USING GAMIFICATION IN FOREIGN LANGUAGE TEACHING
O noso centro está participando nun Erasmus+, Virtual Exchange 3.2: “Using Gamification in Foreign Language Teaching, colaborando na aplicación de xogos na aula. Estes xogos foron creados por un equipo de estudantes universitarias, baseándose nas necesidades e suxerencias do profesorado implicado. Para coordinarnos utilizamos videoconferencias nas que participamos profesores de diferentes partes mundo, dende Canadá, pasando por Galicia e chegando incluso ata Nepal. A pesares das diferencias horarias, conseguimos atopar momento para falar. En concreto, no noso equipo participamos escolas de Galicia, Eslovenia, Canadá e Portugal.
Neste momento acabamos de aplicar o primeiro xogo, que funcionou moi ben na aula. Adaptouse un pouco a versión para que coincidira á perfección nas nosas necesidades. Aquí vemos un momento do xogo así como varios elementos do mesmo.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Gamification-isa (1).pdf | 62.26 KB |