Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

OUR FAVORITE PLACES IN GALICIA AND CASTROVERDE

 

En sexto de primaria elaboramos pequenas presentacións en inglés sobre lugares que recomendamos para visitar no noso concello e tamén en Galicia.

OH DEAR! COMPARTINDO LECTURAS COAS FAMILIAS

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou na clase coa mestra de inglés o libro "Oh Dear!" de Rod Campbell. Con el aprenderon a pedir cousas, os nomes dos animais de granxa máis habituais na nosa zona e reflexionaron sobre que animais poñen ovos ou non así como sobre o proceso de coidado das crías por parte das aves. Tamén traballaron a pronuncia e a entoación e representaron a historia de acordo coa súa idade. Pero o que é máis importante, fixérono a partir dun conto na lingua orixinal que os achegou á ledicia de ler en calquera idioma, de achegarse ao mundo a través da literatura.

Unha vez que aprenderon a contar a historia, levaron o libro por turnos para a casa e así compartírono coas súas familias. Na portada pegouse un código QR para que poideran escoitalo tamén tal e como o facían na clase.

No arquivo adxunto pódese escoitar o ben que o fixeron ou escaneando o QR.

OUR SANDWICHES

En terceiro de primaria creamos un delicioso menú de sandwiches en inglés que vai facer a boca auga a calquera!

MARCH MADNESS FINAL 2023

 

O departamento de inglés de ESO celebrou a entrega de diplomas e premios do alumnado gañador.

Resolvimos o tramo  final  das nosas prediccións e vimos os ultimos minutos do partido  con expectación e nervios.

Por fin chegamos ós resultados finais da liga de baloncesto máis  importante de USA.

Os tres finalistas de 2° foron Lois, Alejandro e Emma que recolleron da man do auxiliar de conversa americano os diplomas acreditativos  e un pequeno agasallo.

 

Xa están pendentes da liga do ano que ven!

Distribuir contenido