Actividades de secundaria

VISITA AO CASCO VELLO DE LUGO

O luns 24 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou unha visita didáctica por Lugo. Tras  un breve xogo de presentación na praza da Constitución, gozaron dunha estupenda visita guiada polo Vello Cárcere de Lugo, tras a cal participaron na identificación e análise de numerosas fachadas barrocas e neoclásicas de edificios senlleiros de Lugo (Capela de San Roque e San Sebastián, Igrexa de Santiago a Nova, Casa do Concello, Pazo Episcopal, Catedral, edificios da Praza do Campo, Igrexa de San Froilán e Cuartel de San Fernando). Ainda que houbo sorte co tempo, tivemos que comer nun parque infantil cuberto, debido á chovisca feble que caeu ao medio día. Coa educación que caracteriza ao alumnado de Castroverde, deixamos todo limpo e marchamos a Lucus Escape Room, onde entramos por quendas para relizar un divertido escape room.

 

 

 

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

Conferencia do Plan Director da Garda Civil sobre Acoso Escolar e perigos de Internet dirixida a alumnado de   segundo de ESO.

ARTE CON SOMBRAS

Este trimestre, na aula creativa, realizaremos arte con sombras. O alumnado poderá desenvolver as súas propias creacións proxectando sombras na parede con diversos obxectos, preferiblemente de refugallo. Valoraremos a súa relación cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, pero poden realizarse tamén co gallo doutras convocatorias:
- Concurso do Samaín ata o 24 de outubro.
- 20 de novembro Día Universal da Infancia.
- 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
- 3 de decembro Día Inernacional das Persoas con Discapacidade.
- 10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos

Poderán ser tamén de tema absolutamente libre.
As mellores pezas compartiranse nas redes sociais do centro e na páxina web. A finais de trimestre, as mellores obras recibirán un premio

 

O ALUMNADO DE 1º DE ESO APRENDE OS ODS XOGANDO

O alumnado de 1º da ESO aprende os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible xogando. Os xogos cooperativos axudan a mellorar a convivencia e a cohesión do grupo, así como a crear un bo ambiente de aula. Nesta ocasión representaron un  Obxectivo de Desenvolvemento Sostible con cada movemento do paracaídas.

FACENDO O CAMIÑO PRIMITIVO

Despois de 2 anos de pandemia, conseguimos este curso facer un tramo do Camiño Primitivo, alumnado e profesorado de ESO, cun percorrido de 11 Km, dende a Fontaneira ata Castroverde, parando no Cádavo para tomar as dez, e xantar en Vilabade.

Foi unha experiencia moi bonita que intentaremos repetir para o próximo curso, continuando desde Castroverde ata Soutomerille.

Distribuir contenido