VISITA AO CASCO VELLO DE LUGO

O luns 24 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou unha visita didáctica por Lugo. Tras  un breve xogo de presentación na praza da Constitución, gozaron dunha estupenda visita guiada polo Vello Cárcere de Lugo, tras a cal participaron na identificación e análise de numerosas fachadas barrocas e neoclásicas de edificios senlleiros de Lugo (Capela de San Roque e San Sebastián, Igrexa de Santiago a Nova, Casa do Concello, Pazo Episcopal, Catedral, edificios da Praza do Campo, Igrexa de San Froilán e Cuartel de San Fernando). Ainda que houbo sorte co tempo, tivemos que comer nun parque infantil cuberto, debido á chovisca feble que caeu ao medio día. Coa educación que caracteriza ao alumnado de Castroverde, deixamos todo limpo e marchamos a Lucus Escape Room, onde entramos por quendas para relizar un divertido escape room.