Actividades de secundaria
MURAL
A proposta do deseño do mural, inspirado na beleza da natureza da contorna, foi realizada por Ceibe Gil Fernández-Coronado, e foi elixida entre catro finalistas nunha votación na que participou toda a comunidade educativa. O mural foi elaborado por alumnos da materia Educación Plástica, Visual e Audiovisual dos cursos 1º, 3º e 4º da ESO, nun proceso no que participaron en tódalas fases dun proxecto creativo, dende a súa preparación ata a súa elaboración final; aprenderon nocións e técnicas básicas de deseño, debuxo e pintura mural, e tamén investigaron sobre o muralismo, street art e graffiti contemporáneos.
XOGOS DE FIN DE ESO
Cuarto de ESO participou nunha xincana de despedida do seu paso polo colexio de Castroverde. A choiva impediu que se puidera celebrar na Veiga do Olmo.
CONCURSO COCACOLA
A nosa compañeira Carla foi a gañadora do segundo premio provincial do concurso de relatos de Coca Cola. Nas imaxe estamos vendo a gala de entrega de premios. Noarboa a ela e ao resto dos participantes por sen tan bos escritores.