Actividades de primaria
VIAXE Á CORUÑA
O día 3 de maio as nenas e nenos de 1º ciclo de Primaria visitamos a Casa das Ciencias, o Planetario e o Acuario en A Coruña.
CONTOS CONTADOS
O 23 de abril, con motivo da celebración do día do libro, representous no noso colexio a obra Catalina, Lino, Lina a cargo de Glup, Glup. Aquí deixamos un momento da súa actuación, á que asistimos alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria. Preme aquí para ver máis fotos do evento.
CONVIVENCIA DA AXENDA 21 EN PARGA
As nenas e nenos de 1º, 3º e 4º de primaria exporán en Parga (Guitiriz) o traballo realizado dentro do proxectos da Axenda 21 Escolar de Galicia. Participarán tamén alumnos doutros centros.
ESCOLAS VIAXEIRAS
Algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitarán Navarra onde convivirán con alumnos de outros dous centros españois.
CHARLA DA ONG: TALLER DE SOLIDARIEDADE
A ONG Taller de Solidariedade de Lugo falaranos do seu traballo no Congo. Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria explicarán como fixeron o seu calendario solidario e farán entrega dos fondos recaudados coa súa venta.