Actividades de primaria
A FAMILIA COMO ALIADA NA ANIMACIÓN Á LECTURA
No curso de 1º de Primaria estamos a desenvolver o proxecto “A familia como aliada na animación á lectura” que ten como obxectivo fomentar a competencia lingüistica do alumnado.
O proxecto inclúe, entre outras actividades, unha sesión semanal de lectura dialóxica na que participan seis nais.
O pasado 17 de decembro, varias familias participaron nun obradoiro de formación sobre o proxecto impartido pola titora do curso.
ENTREVISTA A ÁNXELA GRACIÁN
Os alumnos/as de 6º de primaria puxémoslle á nosa aula o nome de ÁNXELA GRACIÁN e con este motivo o mércores día dous de febreiro de 2011, Ánxela Gracián veunos dar unha charla aos alumnos de 5º e 6º de primaria e contounos moitas cousas referentes aos seus contos, á súa familia, á súa infancia… No arquivo adxunto podedes ler a entrevista que lle fixemos.
VISITA A AVIFAUNA E CINE EN LUGO
O día 3 de maio os nenos e nenas de 1º ciclo de Primaria visitamos Avifauna, onde poidemos observar aves de todos os continentes, entre elas o urogallo e o voitre que están en perigo de extinción. Despois fomos ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo a ver a película animada “El lince perdido” que conta como un grupo de animais trata de liscar das redes dun cazador sen escrúpulos.
IMAXINA QUE ES UNHA ÁRBORE NUN BOSQUE
Unha alumna do noso centro foi premiada no concurso organizado por Correos e a Deputación Provincial de Lugo, que levaba por título "Imaxina que es unha árbore nun bosque". A entrega de agasallos tivo lugar en Marcelle, onde estiveron acompañados por compañeiros, familiares e profesores.