INTERCAMBIO CO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ
Intercambio do Club de Lectura do CPIP de Castroverde e o CPI Dr. López Suárez de Friol,para comentar a obra "Donas de nós " de Ánxela Gracián.
No encontro,celebrado na biblioteca do centro, contamos coa presenza da autora que nos explicou cando escribiu a obra,o significado e o motivo do nome dos protagonistas,o obxectivo da obra...
O alumnado preguntou e deu opinións sobre o contido do libro e un grupo realizou unha lectura dramatizada das escenas finais da obra.
Despois percorremos un curto traxecto do Camiño Primitivo,o que vai desde Vilar de Cas ata A Pallota.
Visitamos o cemiterio de Soutomerille e fixemos unha parada na igrexa do mesmo nome.
Rematada a andaina, paramos para repoñer forzas cun xantar campestre na Pallota.
O encontro rematou coa lectura de dous poemas da obra "Paisaxes de pan" por parte da autora,Ánxela Gracián,que nos acompañou durante toda a actividade.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
GridArt_20240520_192228994.jpg | 8.73 MB |
GridArt_20240520_192050520.jpg | 4.53 MB |