TERTULIA CIENTÍFICA DIALÓXICA SOBRE ANNE L'HUILLIER, A QUINTA MULLER NA HISTORIA QUE GAÑA O PREMIO NOBEL DE FÍSICA

 

TERTULIA CIENTÍFICA O XOVES 16/11/23, HORA 16:30, LUGAR WEBEX DIRECCIÓN

Anne L'Huillier: a quinta muller en gañar o Premio Nobel de Física

Este ano, a Real Academia Sueca concedeu o Premio Nobel de Física aos científicos Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier, que foron galardoados polos seus métodos experimentais baseados na xeración de pulsos luminosos para o estudo do movemento de obxectos na materia.

Nos seus 120 anos de historia, dos 224 científicos que foron galardoados co Premio Nobel de Física, só cinco son mulleres. Este ano, a quinta científica en incorporarse á pequena lista de gañadoras foi Anne L'Huillier, física francesa asociada á Universidade de Lund (Suecia).

A primeira muller en gañar o Premio Nobel de Física foi Marie Curie en 1903 despois das súas contribucións de investigación no campo da radiactividade a principios do século XX. Despois, foi a quenda de Maria Goeppert-Mayer en 1963 despois de describir o núcleo dos átomos, Donna Strickland en 2018 polas súas contribucións á tecnoloxía láser e Andrea Ghez en 2020 polas súas contribucións sobre os buracos negros. Moitas outras investigadoras non o recibiron e foron infravaloradas as súas aportacións como é o caso de Lise Meitner, a única científica á que se lle dedica o nome dun elemento químico na táboa periódica e que descubriu a fisión nuclear.

Os tres investigadores galardoados este ano foron recoñecidos por descubrir unha nova forma de xerar pulsos extremadamente curtos, coñecidos no campo da física como attosegundos (1as = 10–18 s), que serven para medir os procesos nos que se moven os electróns dentro das moléculas ou cambian de enerxía.

Segundo a Real Academia Sueca, Anne L'Huillier descubriu, en 1987, que aparecían diferentes tonalidades cando se transmitía luz infravermella a través dun gas nobre, un fenómeno que está ligado á interacción dos láseres cos átomos de gas. Este láser, explican nun comunicado, proporciona enerxía extra aos electróns e emítese como luz. Trátase dun descubrimento de L'Huillier que permitiu avanzar nas próximas etapas da investigación, recenteme recoñecida cun Nobel.