ACOLLIDA A UN NOVO ALUMNO EN SEGUNDO DE PRIMARIA

Este curso no segundo trimestre incorporáronse á nosa clase dous nenos procedentes doutra cidade e doutro país. Preparamos unha serie de actividades para recibir a estes nenos.

  • Actividade de presentación. Realizamos unhas fichas de xeito individual nas que aportamos datos personais: nome, idade, gustos....
  • Traballamos a empatía con diferentes actividades.:

 

Comentamos o que ocorre no conto e facemos unha “nube de palabras” relacionadas coas emocións que nos transmite este conto. Situamos no centro a palabra “empatía”, que previamente xa traballaramos con motivo do día da Paz, e coñecemos o seu valor e importancia.

 

Lectura do conto “El León y el pájaro.” Marianne Dubuc.

“ Potaxe da amizade”. Para realizar esta actividade primeiro eleximos que palabras definen para nós a amizade, metémolas nun pote e desa mistura nace a amizade.