ENGLISH CARNIVAL: OUR QUEEN'S GUARD
O departamento de inglés xunto co de Plástica e próximamente o de TIC colaboraron nun novo proxecto que contribuíu a amenizar o noso entroido con divertidos photocall de alumnado e profesorado.
O noso garda real flanquea a entrada do noso hall, biblioteca e comedor escolar.Estade atentas e atentos porque non deixará de mandarvos mensaxes ó longo do curso escolar.
Próximamente terá lugar a última fase do proxecto coa elección do seu nome a través dun formulario de Google co que reforzaremos destrezas TIC que habilitan ó alumnado en técnicas que lles serán de gran utilidade para o resto das áreas.
Os traballos multidisciplinares como o que nos atopamos, que engloban distintas áreas como a educación Plástica,as TIC e a lingua inglesa son indispensables na formación integral do noso alumnado.Se ó mesmo tempo resultan divertidas o éxito está asegurado.
Animámosvos a disfrutalo!!.
Enjoy your English Queen's guard !!!