ENGLISH CARNIVAL: OUR QUEEN'S GUARD

O departamento de inglés xunto co de Plástica e próximamente o de TIC colaboraron nun novo proxecto que contribuíu a amenizar o noso entroido con divertidos photocall de alumnado e profesorado.

O noso garda real flanquea a entrada do noso hall, biblioteca e comedor escolar.Estade atentas e atentos porque non deixará de mandarvos mensaxes ó longo do curso escolar.

Próximamente terá lugar a última fase do proxecto coa elección do seu nome a través  dun formulario de  Google co que reforzaremos destrezas TIC que habilitan ó alumnado en  técnicas  que lles serán  de gran utilidade para o resto das áreas.

Os traballos multidisciplinares como o que nos atopamos, que engloban distintas áreas como a educación Plástica,as TIC  e a lingua inglesa  son indispensables na formación  integral do noso alumnado.Se ó mesmo tempo resultan divertidas o éxito está asegurado.

Animámosvos a disfrutalo!!.

 

Enjoy your English Queen's guard !!!