VIAXE ÁS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
O 22 de maio os alumnos/as de 1º e 2º ESO visitamos a central térmica de Endesa e o lago artificial nas Pontes de García Rodrígez. Un guía explicounos o funcionamento básico das partes da central representada por unha maqueta, logo repartiunos cascos de seguridade e tapóns para os oídos, e iniciamos un percorrido exterior, empezando pola visita ao parque de carbón, onde almacenan este combustible procedente de Indonesia e EEUU. As nosas costas quedaba a cheminea de 356 m de alto que a converte na máis alta de Europa. Despois visitamos unha torre de refrixeración da auga de condensación do vapor, xa no interior da central vimos turbinas e alternadores, e por último a sala de control.
Para rematar visitamos o lago artificial, que se creou a raíz dos traballos de recuperación e rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar do lago, para enchelo empregaron as augas do río Eume, que pasa pola localidade, así como a acumulación das precipitacións., conseguindo un lugar que conta cunha gran diversidade animal e vexetal, coas mesmas especies que hai no río, sobre todo troitas, e tamén se consolidou como hábitat natural para un gran número de aves.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
PONTES.jpg | 10.83 MB |