APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: PRESENZA DE VITAMINA C EN FROITAS, HORTALIZAS E ZUMES

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS

O día 9 de marzo, os alumnos/as de 6º de primaria, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, realizaron a actividade de laboratorio correspondente ao segundo trimestre

PRESENZA DE VITAMINA C, EN FROITAS, HORTALIZAS E ZUMES DE FROITA

Para investigar a cantidade relativa de vitamina C nas distintas mostras, os alumnos e alumnas utilizaron como referente unha solución de Redoxón de concentración coñecida e, como indicador, unha solución de Indofenol que perde a súa cor azul en presenza de Vitamina C.

Canto maior sexa a cantidade de vitamina C presente na mostra, menor será a cantidade que hai que engadir para decolorar a solución de indofenol.

Ao rematar o estudio de cada mostra, colocaron os resultados por orden  de maior a menor contido en vitamina C.

      

a) Mostras  + Solución de Indofenol      
           b)  Resultados

          

                            

 

AdjuntoTamaño
verduras.jpg1.68 MB