MAQUINARIA AGRÍCOLA: SEGURIDADE VIAL E MANEXO SEGURO
O próximo venres, 27 de maio de 2016, no salón de actos do CPI de Castroverde o Dr. Martín Barrasa Rioja, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) realizará unha conferencia dirixida a todo o alumnado de educación secundaria e a todas as persoas que desexen asistir sobre seguridade vial e seguridade no manexo da maquinaria agrícola. O profesor Martín Barrasa é Enxeñeiro Agrónomo e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Desde o CPI de Castroverde agradecemos esta colaboración coa nosa comunidade educativa.
|