MESA REDONDA "A MULLER NO RURAL"

17/03/2014 15:25
17/03/2014 16:25

Exploraranse as posibilidades profesionais no século XXI, na agricultura e gandería dos Concellos  da nosa comarca, desde o punto de vista das mulleres que desenvolven as súas profesións en relación directa co agro. Esta mesa redonda desenvolverase no salón de actos do CPI de Castroverde e asistirán os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e todas aquelas persoas que o desexen. As mulleres participantes na mesa son as seguintes:
1. Estrella Ramos González- Gandeira e axente de substitución. 
2. Pilar Díaz Fernández- Veterinaria
3. Manuela Vázquez Queizán- Enxeñeira Técnica Agrícola.