Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Espazo ABALAR
Premio ao Mellor Proxecto Empresarial Cooperativo
O pasado día 4 de xuño de 2013 un traballo realizado por tres alumnos do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética do noso IES guiados polos profesores Alberto Pereira e Víctor Paz e coa colaboración de varios departamentos de ESO e Bacharelato recibiu (por terceira vez desde 2006) o premio ao Mellor Proxecto Empresarial Cooperativo no concurso Cooperativismo no Ensino 2013, convocado polo Consello Galego de Cooperativas.
VISITA AO CENTRO LOXÍSTICO DO GRUPO JIM SPORTS E A TRES LUGARES REPRESENTATIVOS DO ROMÁNICO LUCENSE.
O pasado 14 de maio de 2013, alumnos e alumnas da familia profesional de Comercio e marketing (C.S de Xestión comercial e marketing e C.M de Comercio) visitaron as instalacións do centro loxístico do grupo Jim Sports en Palas de Rei, dedicado á comercialización de material deportivo co obxectivo xeral de coñecer os sistemas de almacenamento e medios de manipulación utilizados nun almacén robotizado, así como a rede loxística e o funcionamento xeral da empresa.
Visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo
Ao longo dos días 5 e 6 do mes de marzo de 2013 e en horario de 10 a 13 horas os alumnos e alumnas de 2º da ESO, acompañados das profesoras Eva Álvarez Dapena e Mª Lourdes Varela Vázquez visitaron o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.
Visita á Central Térmica das Pontes (A Coruña)
O pasado mércores, día 27 de febreiro de 2013, alumnos e alumnas do cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro e segundo de Bacharelato, acompañados polos profesores Eva Álvarez, Daniel López e Manuel Flores, dos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química visitaron
Visita á Hidroeléctrica de Velle (Ourense)
O pasado venres, día 22 de febreiro de 2013 alumnos e alumnas do terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria, acompañados polos profesores Eva Álvarez, Daniel López e Manuel Flores dos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química visitaron a Central Hidroeléctrica de Velle (Ourense).
II Concurso Lucus Intercentros
O noso instituto participa no II Concurso Lucus Intercentros organizado dentro das X Xornadas de Interrelación Curricular que teñen como finalidade interrelacionar currículos de diferentes ensinanzas e persoas de varios centros educativos.
Homenaxe a Rosalía de Castro
O día 22 de febreiro de 2013, tivo lugar no salón de actos do noso instituto un recital en homenaxe a Rosalía de Castro. Léronse seis poemas da autora: "Adiós ríos, adiós fontes..." "Nasín cando as prantas nasen", "Airiños, airiños, aires...", "Campanas de Bastabales", "Quíxente tanto meniña" e "Un repoludo gaiteiro".
Visita ao diario El Progreso
O pasado día 20 de febreiro de 2013 alumnos e alumnas do segundo curso de educación secundaria obrigatoria (grupos A e B), acompañados polas profesoras do departamento de Lingua e Literatura Galegas Carmen Abelleira Pereira e Mª Dolores Alvariño Varela, visitaron no polígono industrial do Ceao o centro de impresión do Grupo El Progreso.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »