Visita do Sr. Conselleiro
O sr. conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez Abad , visitou o pasado día 19 de febreiro de 2013 o noso IES para coñecer in situ o sistema de eficiencia enerxética, co que o centro gañou o 26 de outubro de 2012 o primeiro certame nacional de Eficiencia Enerxética na FP, convocado por Schneider Electric e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Xesús Vázquez felicitou ao noso IES pola implantación do sistema de eficiencia enerxética e gabou a dedicación dos docentes para conseguir implicar os alumnos, nunha iniciativa que redundará en beneficio de toda a comunidade escolar.
Pola súa banda, José Emilio Serra responsable de Customer Satisfaction, Quality and Business Development de Schneider Electric, declarouse moi satisfeito “de que unha competición que leva o noso nome sexa capaz de xerar proxectos tan variados e de tanta calidade como os que se puideron avaliar nesta primeira edición”. Destacou tamén a necesidade de “concienciar aos profesionais do mañá da importancia do traballo en equipo, da búsqueda da eficiencia enerxética e, en definitiva do compromiso co medio ambiente ”.
Para ver in situ as melloras realizadas acompañaron ao conselleiro polas instalacións do IES, o director do centro, Juan Antonio López Fernández, o alumnado e os profesores titores do proxecto, Victor Paz e Alberto Pereira. En representación de Schneider Electric estiveron presentes, ademais do seu responsable de comunicación, José Emilio Serra, o director do Instituto Schneider Electric de formación, Sergio López; e o responsable da área de Formación de Domótica e Inmótica, Sergio Vidal.
Asistiron tamén ao acto o alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco; o director xeral de FP do Ministerio, Ángel de Miguel Casas; a delegada da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Raquel Arias; a subdirectora xeral de FP, Mª Eugenia Pérez; e o xefe territorial da consellería de educación na provincia de Lugo, José Jesús Ramos Ledo.
|
Prema nas imaxes para amplialas
Máis información en: http://www.edu.xunta.es/web/node/8654 ou aquí