CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 2013/2014
CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 13/14 (Salón de Actos)
RÉXIME ORDINARIO
Luns 16 de Setembro ás 12:00 h
Alumnos dos Cilos Medio e Superior da familia profesional , Mantemento de Vehículos. (Automoción)
Luns 16 de Setembro ás 13:00 h
Alumnos do Ciclo Superior da familia profesional , Enerxía e Auga.
Martes 17 de Setembro ás :10:00 h
Alumnos dos Ciclos Medio e Superiores da familia profesional de Comercio e Marketing.
Premio ao Mellor Proxecto Empresarial Cooperativo
O pasado día 4 de xuño de 2013 un traballo realizado por tres alumnos do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética do noso IES guiados polos profesores Alberto Pereira e Víctor Paz e coa colaboración de varios departamentos de ESO e Bacharelato recibiu (por terceira vez desde 2006) o premio ao Mellor Proxecto Empresarial Cooperativo no concurso Cooperativismo no Ensino 2013, convocado polo Consello Galego de Cooperativas.
Xornada de acollemento ás persoas matriculadas nas probas libres
Segundo o previsto no punto 2 do artigo 22 da Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 16),
PROBAS LIBRES: Corrección de erros
Advertidos (e subsanados) erros nos calendarios dos CM Carrozaría e CS Automoción, prégaselles aos interesados/as que verifiquen as datas das probas.
PROBAS LIBRES: Calendario e programacións dos módulos.
Programacións e calendario das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional.
para acceder ao calendario de probas prema no CF do seu interese
para acceder a programación prema no módulo do seu interese
VISITA AO CENTRO LOXÍSTICO DO GRUPO JIM SPORTS E A TRES LUGARES REPRESENTATIVOS DO ROMÁNICO LUCENSE.
O pasado 14 de maio de 2013, alumnos e alumnas da familia profesional de Comercio e marketing (C.S de Xestión comercial e marketing e C.M de Comercio) visitaron as instalacións do centro loxístico do grupo Jim Sports en Palas de Rei, dedicado á comercialización de material deportivo co obxectivo xeral de coñecer os sistemas de almacenamento e medios de manipulación utilizados nun almacén robotizado, así como a rede loxística e o funcionamento xeral da empresa.
Concurso Árbore de libros
Emparella cada texto co seu título e autor neste Impreso
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »