Visita á Central Térmica das Pontes (A Coruña)

O pasado mércores, día 27 de febreiro de 2013, alumnos e alumnas do cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro e segundo  de Bacharelato, acompañados  polos profesores Eva Álvarez, Daniel López e Manuel Flores, dos departamentos  de Tecnoloxía e Física e Química visitaron a Central Térmica de As Pontes  (A Coruña).

 

O obxectivo da actividade foi coñecer de primeira man o funcionamento dunha central térmica. Coa visita,  alumnos e alumnas viron as partes de que consta a central, a maquinaria que emprega, como se xera a electricidade a partir da combustión do carbón e como se transporta ata os nosos fogares. Ademais puideron valorar a necesidade do emprego deste tipo de centrais para xerar enerxía eléctrica en grandes cantidades.


 

 Prema nas imaxes para amplialas