Visita ao diario El Progreso
O pasado día 20 de febreiro de 2013 alumnos e alumnas do segundo curso de educación secundaria obrigatoria (grupos A e B), acompañados polas profesoras do departamento de Lingua e Literatura Galegas Carmen Abelleira Pereira e Mª Dolores Alvariño Varela, visitaron no polígono industrial do Ceao o centro de impresión do Grupo El Progreso.
O obxectivo desta visita , dentro do programa de achegamento ás escolas da provincia que El Progreso, con motivo do seu centenario iniciou en 2008, foi coñecer in situ o funcionamento da rotativa.
Sinalar por último que alumnado e profesoras recibiron un obsequio como recordo da visita.