Visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo

 

Ao longo dos  días 5 e 6 do mes de marzo de 2013 e en horario de 10 a 13 horas os  alumnos e alumnas de 2º da ESO, acompañados das profesoras Eva Álvarez Dapena  e Mª Lourdes Varela Vázquez visitaron o  Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.

Para esta actividade  programada  polo departamento de Tecnoloxía,  alumnos e profesoras desprazáronse a pé dende o instituto ata os talleres do centro co seguinte plan de traballo:


1. Taller de carpintería - realización dun instrumento musical de madeira (TARRAÑOLAS).


2. Taller de tecidos - realización dunha funda para o instrumento musical, preparada en coiro sintético e cosido á man.


Alumnos e alumnas  tiveron que traballar con diversas  ferramentas:  lima, lixa, serra de marquetería eléctrica, pirógrafo e trade eléctrico no taller de carpintería e punzón e agulla no taller de tecidos.

Tiveron  tamén que aprender a marcar e cortar a forma da peza que querían preparar.  No caso do taller de carpintería e para mellorar o acabado da peza déronlle ás tarrañolas unha capa de cera e empregaron un anaco de cordón de coiro para unilas.

     

Prema nas imaxes para amplialas