Visita á Hidroeléctrica de Velle (Ourense)
O pasado venres, día 22 de febreiro de 2013 alumnos e alumnas do terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria, acompañados polos profesores Eva Álvarez, Daniel López e Manuel Flores dos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química visitaron a Central Hidroeléctrica de Velle (Ourense).
O obxectivo da actividade foi coñecer de primeira man o funcionamento dunha central hidroeléctrica e que tipo de enerxía xera. Coa visita, os alumnos puideron ver as partes de que consta unha central hidroeléctrica, maquinaria que emprega, medidas que se adoptan para previr accidentes e medidas de seguridade en caso de accidente na planta. Puideron ver como se xera a electricidade empregando o salto de auga nun río e como se transporta a electricidade dende a central ata os nosos fogares. Ademais puideron apreciar a importancia da xeración de enerxía eléctrica a partir dunha fonte de enerxía renovable e pouco contaminante.
Prema na imaxe para ampliala